Ao longo de dez sesións, María Donapetry guiará aos participantes a través doutros tantos clásicos do cine co obxectivo de analizar cuestións como a relación entre cine e literatura, os temas, a construción dos diálogos, a montaxe, as metáforas visuais ou o impacto no público. Os alumnos recibirán unha serie de pautas previas ao visionado das películas, que realizarán pola súa conta para, posteriormente, participar nun debate no que se lles animará a facer breves presentacións co obxectivo de desenvolver as súas capacidades críticas e, sobre todo, para poñer en común os distintos puntos de vista.
Presentación do obradoiro: xoves 16 de xaneiro, 19:30 horas. Auditorio. Entrada libre
Para descargar o formulario de inscrición, premer aquí [PRAZAS ESGOTADAS]
María Donapetry (Mieres, 1955)
Licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Salamanca e doutora en Filoloxía Angloxermánica pola Universidade de Oviedo, María Donapetry desenvolveu a maior parte da súa traxectoria profesional en Gran Bretaña e Estados Unidos. Exerceu como docente de español, literatura española e latinoamericana en diferentes institucións académicas, principalmente nas universidades de Oviedo, Oxford (Inglaterra) e Pomona (California). Os seus intereses como investigadora abranguen diversos campos: cinematografía, estudios culturais e sobre a muller, cine español e latinoamericano, literatura comparada e literatura contemporánea española con especial atención ás autoras. Colaborou en diferentes medios de comunicación e académicos, e escribiu varios ensaios, entre os que destaca Desasosiegos éticos en cine y literatura (Benilde Ediciones, 2017), entre outros.