Como ler un encaixe Ciclo de conferencias

/
Coordinación Mariña Regueiro González-Barros

A evolución do encaixe, desde as súas orixes no século XVI ata a actualidade, pasando por fitos históricos como a Revolución Francesa ou movementos como o Romanticismo, así como os aspectos técnicos desta disciplina, son algúns dos temas que tratará a profesora Mariña Regueiro durante este ciclo de conferencias froito da colaboración entre a Fundación Luis Seoane e a UIMP. Como ler un encaixe é un percorrido por quinientos anos dunha técnica téxtil que fascinou a artistas e reis, e a través da que é posible descifrar a historia política, social, económica e cultural europea.

Mariña Regueiro González-Barros

Licenciada en filoloxía inglesa pola Universidade Complutense, Mariña Regueiro é autora dun método para o ensino do encaixe, unha disciplina non regrada no noso país, que ela leva impartindo desde 1983. Tras realizar un seminario sobre encaixe na hoxe desaparecida Escola de Moncloa de Madrid, comenza un periplo formativo que a levará a Bélxica, Dinamarca, a República Checa, Gran Bretaña, Eslovenia, Finlandia, Italia, Alemania, Sudáfrica, Australia e Estados Unidos, onde aprenderá os segredos do encaixe xunto a algunhas das principais especialistas na materia, como Rosemary Sheperd, Lia Baumeister ou Angharad Rixon, entre outras.

Durante todos estes anos estudou exhaustivamente os diferentes tipos de encaixe, desde o de Camariñas aos encaixes milaneses, o encaixe de Flandes, o guipur, os encaixes de ouro do século XV, o encaixe barroco, a blonda, etc., e impartido cursos, conferencias e organizado exposicións en Rauma (Finlandia), Norfolk (UK), Toulouse (Francia), Vamberk (República Checa), Ithaca (Nueva York, EEUU), Indianápolis (EEUU) e outras localidades.

Autora de varios libros sobre a materia, entre os que destacan El encaje de Hinojosa. Historia y técnica (Raíces, 2010), Os encaixes de Mario (Deputación de Pontevedra, 2011), El encaje de Cándida: los encajes en Sevilla en la primera mitad del siglo XX (Raíces, 2019) e Encajes y Haikus (Raices, 2019), Mariña Regueiro é na actualidade directora da Escola de Encaixes de Corme, A Coruña.

A entrada ás conferencias é libre ata completar capacidade.

Para consultar o calendario e horario do ciclo, premer aquí

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Como ler unha película
Un obradoiro de cine coordinado por María Donapetry
/
Actividade
Lugares de novela. Portugal
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Como ler un encaixe
Ciclo de conferencias
/
Actividade
Deconstruír un relato
/
Actividade