Esta é unha aproximación multidisciplinar que quere colocar os coidados no centro do debate, tras constatar a necesidade de intervir criticamente no espazo público. De que xeito se resolven na nosa sociedade o ámbito do coidado ao/á outro/a?
Abordarase a organización social do traballo doméstico e dos coidados, a maternidade e o seu exercicio en (in)compatibilidade con outros procesos vitais, a precariedade. Falarase do binomio traballo doméstico/ mulleres migrantes, e a súa correlación nas institucións culturais coas limpadoras. Reflexionarase acerca da sobrecarga familiar das que traballan nas súas casas, dos problemas e os retos da crianza desde a ollada de artistas que son nais, e tamén a complexidade dos coidados ás persoas maiores e dependentes.
Esta temática será pensada e reflexionada a través dunhas xornadas que se articulan en torno a conferencias, mesas redondas, un obradoiro de autoentnografía e unha proxección dun filme documental, que se desenvolverán na Fundación Luis Seoane da Coruña, así como unha serie de intervencións artísticas ubicadas en tres espazos da Rede Museística Provincial de Lugo.
+ info: Programa_coidados.pdf