Italo Calvino dícia que un clásico é un libro que nunca remata por dicir o que tén que dicir ”. O canon dos clásicos varía, e cada época ten os seus. Nesta selección figuran os libros representativos do século XXI, obras que se converteron en referencia cultural para distintas xeracións pola súa profundidade e pola pegada que deixaron nos lectores. A literatura de calidade contribúe a recoñecer a complexidade do mundo, aumenta a nosa capacidade de comprender mellor aos demais e axúdanos a entender as dinámicas sociais da historia. Neste obradoiro tentaremos achegarnos a estas obras desde unha nova óptica que axunte emoción e coñecemento.
Javier Pintor