Ciudades en evolución Encuentros dialógicos con la vida no reglada

/
Dirección Fermín Blanco

Ciudades en evolución é un proxecto no que a educación, a arte, a arquitectura e a sostenibilidade forman parte dun sistema de coñecemento concibido para comprender e dar resposta a novas formas de organización. O curso, que se desenvolverá en formato online, mesturará clases teóricas e leccións maxistrais con sesións prácticas vinculadas a programas como #Escoitasme ou #mestradeobra, baseados na transformación dos espazos educativos.

Durante 5 días, Ciudades en evolución adentrarase en cuestións relacionadas coa xestión ambiental, urbana e territorial; a produción cultural; as contornas dixitais e a educación desde un enfoque interdisciplinar. O programa das xornadas, que se desenvolverá en formato online, contará coa participación de Antón Losada, profesor titular de Ciencia Política na USC; Saskia Sassen, socióloga e escritora; Stanley King e Susan Chung, deseñadores e educadores ambientais; Iago Carro, arquitecto e investigador en Ergosfera; Claudia González Caparrós, escritora e cofundadora de Crisi; Marta Morelli, responsable do departamento de Pedagoxía do Museo MAXXI de Roma; Fernando Blanco, arquitecto e artista; Alfredo Hoyuelos, doutor en Filosofía e Ciencias da Educación; El Hematocrítico, mestre, escritor e humorista; Pablo Tomé, arquitecto e artista; Pablo Caridad, cociñeiro e docente; Antón Lezcano, diseñador gráfico, artista e locutor e Silvia Longueira, directora da Fundación Luis Seoane.

PDF_Curso

Para máis información e matrículas: secretaría de alumnos da UIMP. Tel 981 140 830 galiciasa@uimp.es

Actividades actuais

Grupo de Estudos
Transición ecosocial e desexo
/
Actividade
Lugares de novela: Uruguai
Obradoiro de literatura
/
Actividade