Cine indie

/
Dirección María Donapetry

O cine indie ou independente refírese a películas producidas fóra do sistema de grandes estudos, con menor orzamento e maior liberdade creativa, enfocándose en historias únicas e a miúdo non convencionais que priorizan a visión artística sobre o éxito masivo, empregando recursos máis modestos e conectando coa realidade ou temas profundos sen buscar compracer a audiencias amplas. Porén, algunhas destas películas convertéronse en clásicos a nivel internaciional. É o caso, por exemplo, de Easy Rider que, malia terse producido na sociedade “alternativa” norteamericana dos anos sesenta, segue sendo relevante na actualidade. Os participantes terán ocasión de familiarizarse con directores pouco coñecidos no seu momento e de extraordinaria calidade non só de paises occidentais senón tamén doutras latitudes.

Ao igual que en obradoiros anteriores, os alumnos recibirán unhas pautas antes do visionado das películas, que realizarán pola súa conta para, posteriormente, establecer un diálogo co resto de participantes na actividade co obxectivo de poñer en común os seus puntos de vista e desenvolver as súas capacidades críticas.

María Donapetry

Para descargar o formulário de inscrición, prema aquí

María Donapetry (Mieres, 1955)
Licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Salamanca e doutora en Filoloxía Angloxermánica pola Universidade de Oviedo, María Donapetry desenvolveu a maior parte da súa traxectoria profesional en Gran Bretaña e Estados Unidos. Exerceu como docente de español, literatura española e latinoamericana en diferentes institucións académicas, principalmente nas universidades de Oviedo, Oxford (Inglaterra) e Pomona (California). Os seus intereses como investigadora abranguen diversos campos: cinematografía, estudios culturais e sobre a muller, cine español e latinoamericano, literatura comparada e literatura contemporánea española con especial atención ás autoras. Colaborou en diferentes medios de comunicación e académicos, e escribiu varios ensaios, entre os que destaca Desasosiegos éticos en cine y literatura (Benilde Ediciones, 2017), entre outros.

Actividades actuais

Compaxinadas
Ciclo de literatura
/
Actividade
Mercè Rodoreda / Montserrat Roig
Dúas escritoras desafiantes
/
Actividade
Cine indie
/
Actividade
Menos é máis
Obradoiro de escritura
/
Actividade