O ciclo Letras de outono regresa á Fundación Luis Seoane cunha nova edición na que os escritores convidados conversarán con periodistas e diferentes especialistas acerca dos seus libros máis recentes. Os encontros, que se desenvolverán ao longo de todo o mes de novembro, estarán protagonizados nesta ocasión por Claudia Piñeiro, Antonio Mercero, Víctor del Árbol, Belén Gopegui e David Trueba. Dirixido e coordinado por Javier Pintor, profesor de literatura e formador no Centro de Formación de Recursos do Profesorado do área de A Coruña, ademais de coordinador e docente en diversos obradoiros de literatura e ciclos de conferencias sobre escritores contemporáneos, Letras de outono ofrece a oportunidade de establecer un diálogo entre os autores e o seu público, a través de cinco sesións nas que será posible afondar no universo creativo dalgúns dos escritores máis significativos da literatura española contemporánea.
A entrada ao ciclo é libre ata completar capacidade.