Choque de trenes. Club literario de la Fundación Luis Seoane

/
Coordinación Eduardo Riestra
Participantes José E. Gonzalo, Ignacio Martínez de Pisón, Javier Reverte, Eduardo Riestra

Choque de trenes é o novo clube de literatura coordinado por Eduardo Riestra que se desenvolverá na Fundación Luis Seoane durante este outono. Ao longo de oito sesións e da man de Javier Reverte, Ignacio Martínez de Pisón, José Esteban Gonzalo e o propio Riestra, analizaránse as relacións non sempre doadas entre diferentes figuras da literatura universal como Albert Camus e Jean-Paul Sartre, Ernest Hemingway e John Dos Passos, Roger Casement e Josep Conrad e por último, Mario Vargas Llosa e Gabriel García Márquez a través da selección dalgunhas das súas obras máis destacadas, nun formato que dedicará dous días a cada parella, un primeiro no que se fará un bosquexo da figura e da obra dos autores a tratar, e un segundo no que se someterán dúas das súas obras a debate.

Todas as sesións comezarán ás 19:30 horas. Para participar en Choque de trenes, é necesario formalizar a matrícula correspondente descargable a través do seguinte link:

ChoqueTrens.pdf

Actividades actuais

Grupo de Estudos
Transición ecosocial e desexo
/
Actividade
Lugares de novela: Uruguai
Obradoiro de literatura
/
Actividade