Cara a cara. Obradoiro de creación artística

/
Coordinación Marta Moreira, Antonio Martínez

A segunda edición do obradoiro de creación artística Cara a Cara, coordinado por Marta Moreira e Antonio Martínez, se desenvolverá ao longo de dez sesións que terán lugar todos os venres entre o 22 de setembro e o 1 de decembro a través da posta en marcha dun espazo común no que unha serie de creadores, sempre coa obra de Luis Seoane como punto de partida, guiarán aos asistentes e lles amosarán os seus procesos de traballo coa fin de levar a cabo un proxecto artístico común. Ao igual que na súa edición anterior, Cara a cara contará coa participación de profesionais vencellados a diferentes disciplinas creativas, como o artista urbán Sekone, o escultor Samuel Castro, a artista Tamara Feijóo, o cociñeiro Javier Rodríguez Ponte “Taky” e o pioneiro da arte conceptual en Brasil Paulo Bruscky. Cara a cara rematará coa celebración dunha mostra colectiva na que se amosarán os traballos dos participantes dos obradoiros.

Para participar nesta actividade, é necesario formalizar a matrícula descargable a través do seguinte link:

CaraaCara.pdf

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Lugares de novela. Paul Auster
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Tempo de escritura
Obradoiro de escritura
/
Actividade