Canal Seoane

/

O 10 de outubro de 1954, a Onda de LS 10 Radio Libertad emitía a primeira entrega de Galicia Emigrante, un formato concibido e escrito por Luis Seoane ao redor de Galicia e a súa cultura dirixido á comunidade galega de Bos Aires.  A audición radiofónica sobreviviría máis de dez anos á célebre revista coa que compartía nome fundada ese mesmo ano polo artista galego, grazas á soltura coa que Seoane se desenvolvía no medio e ao tratamento accesible dos temas que se abordaban durante a media hora que duraba cada programa.

Inspirándose naquela emisión, nace Canal Seoane, un proxecto que busca homenaxear aquela iniciativa cultural e recoller dalgunha maneira o seu testemuño, adaptándoo ás circunstancias actuais, marcadas pola aparición dunha nova ola migratoria xurdida das crises económicas de 2008 e 2014 e de fenómenos como a globalización.

O proxecto estrutúrase ao redor de dúas propostas diferentes: Galicia é migrante e Testemuñas no tempo. A primeira consta de catro podcasts conducidos por catro comunicadores galegos: o actor e director Quico Cadaval; o escritor, director e actor Lino Braxe; o deseñador cultural Antón Lezcano e o colectivo Porco Bravú. Entrevistas, efemérides, a cultura clásica ou as incursions na linguaxe das novas xeracións de comunicadores galegos, entre outras cuestións, protagonizarán os diferentes episodios deste programa, aberto a futuras colaboracións doutros artistas vinculados á divulgación e á creación cultural.

Testemuñas no tempo recolle as reflexións de preto dunha vintena de novos profesionais galegos que desenvolven a súa actividade laboral fóra de Galicia, unha emisión dirixida por Alejandro Pan na que os convidados relatan as súas experiencias no estranxeiro durante o recente período de confinamento.

Ambas propostas fusiónanse nos catro primeiros episodios do Canal Seoane.

 

Actividades actuais

Información COVID-19
/
Actividade
Somos o que lemos
Ciclo de literatura contemporánea
/
Actividade
Obradoiro de literatura. Literatura española nos oitenta
A década prodixiosa
/
Actividade
Creación e territorios
/
Actividade
Obradoiro de escritura. O almacén de historias
/
Actividade
Canal Seoane
/
Actividade
A_NEXOS III
Actividade