Baseado en feitos reais Obradoiro de literatura

/
Coordinación Javier Pintor

A non ficción vive días de auxe e crece tanto en títulos como en lectores e complexidade narrativa. Dentro desta categoría obras como as do arxentino Rodolfo Walsh, o estadounidense Truman Capote ou o colombiano García Márquez son xa clásicos dun xénero que en 2015 obtivo recoñecemento cando a xornalista Svetlana Alexievich gañou o Premio Nobel de Literatura.

A técnica da non ficción é apelar aos recursos da literatura para narrar feitos reais. A literatura atópase na construción, na selección do material, nos medios narrativos, no ritmo, non na imaxinación dos sucesos. Os autores desprazan o centro das súas historias cara a veracidade do contado de maneira que se ofrece unha visión do acontecemento fonda, rica en detalles, declaracións e fontes.

O xénero goza nestes momentos dun gran auxe porque aos lectores atráenlles estas historias baseadas en feitos reais nas que se representa esa outra “cara” da información que nos ofrece unha visión única e un punto de vista diferente.

Neste obradoiro comentaremos narracións nas que predomina unha retórica da obxectividade, centradas nunha historia real que establece relacións entre causas e consecuencias e que busca conexións entre os elementos visibles, os intanxibles e os máis simbólicos. En palabras de Mario Vargas Llosa: “Para mín, a historia é materia prima.”

A ficha de inscrición pode descargarse a través do enlace seguinte:

Ficha_inscricion.pdf

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Grupo de Estudos
Transición ecosocial e desexo
/
Actividade
Lugares de novela: Uruguai
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Relatos con voz propia
Obradoiro de escritura
/
Actividade