Amantes, musas, modelos Picasso e as súas mulleres

/
Dirección Rosario Sarmiento

A relación entre Pablo Picasso e as mulleres que o acompañaron ao longo do seu itinerario artístico e vital é unha parte fundamental da súa obra. Fernande Olivier, Eva Gouel, Olga Koklova, MarieThérèse Walter, Dora Maar, Françoise Gilot e Jacqueline Roque, entre outras, protagonizaron moitas das súas pinturas, debuxos, gravados… Auténticos xornais visuais nos que o pintor envorcaba, ás veces de maneira descarnada, o relato da súa existencia.

Este ciclo de conferencias tén como obxectivo afondar nas biografías destas compañeiras, modelos e musas; examinar as súas traxectorias profesionais e analizar os seus vínculos co artista. Impartido pola crítica de arte, comisaria de exposicións e xestora cultural Rosario Sarmiento, Amantes, musas, modelos: Picasso e as súas mulleres diríxese a todas aquelas persoas interesadas en coñecer as confluencias e contradicións entre os aspectos público e privado do artista máis importante do século XX. O curso dará comezo en febreiro e clausurarase en outubro cunha mesa redonda na que participarán, ademais da directora do ciclo, Silvia Domènech, xefa de Coñecemento e Investigación no Museu Picasso de Barcelona, e Jorge Blasco, escritor, investigador e comisario de exposicións.

O acceso ás conferencias é libre ata completar capacidade.

+ info: Descargar_folleto.pdf

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Grupo de Estudos
Transición ecosocial e desexo
/
Actividade
Literatura e memoria
Obradoiro de escritura
/
Actividade