A_NEXOS VII

Dirección Hugo Gómez-Chao

A séptima edición de A_NEXOS, a proposta cultural da Asociación Cultural AÏS dirixida por Hugo Gómez-Chao que afonda nas relacións entre arte, cultura e música contemporáneas, xirará ao redor de contra(de)cadencia, a segunda novela do escritor e crítico musical Paco Yáñez (Santiago de Compostela, 1974), que vén de ser editada en castelán polo selo valenciano EdictOràlia.

Publicada orixinalmente en galego pola editorial Laiovento en 2014, contra(de)cadencia é un palimpsesto no que o autor insire diversos textos ensaísticos, filosóficos e literarios, unha novela inclasificable na que a literatura, a música, o cinema, a arquitectura e as artes plásticas dialogan cunha lectura do espazo urbano do século XXI en termos de crítica social na procura dunha nova comprensión da arte como valor cultural e de progreso.

A novela presentarase por vez primeira en España o vindeiro sábado 5 de marzo ás 20:00 horas na Fundación Luis Seoane, nun acto que contará coa participación do seu autor, Paco Yáñez, que desenvolve a súa actividade creativa na intersección de diversas linguaxes artísticas como a fotografía, a música, o cinema e a literatura. Xunto a él estarán o compositor e percusionista Jorge Berdullas del Río, un dos protagonistas da novela; o compositor e artista plástico Joan Gómez Alemany, responsable da presentación do evento e autor das videocartas que se proxectarán durante a sesión; e do saxofonista, compositor, escritor e editor Josep Lluís Galiana, de EditOràlia, que ofrecerá unha actuación de improvisación libre.

Para asistir á presentación, é necesario realizar unha reserva previa no teléfono 981 216 015 (prazas limitadas)

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Lugares de novela. Paul Auster
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Tempo de escritura
Obradoiro de escritura
/
Actividade