A_NEXOS VI

/

A sexta edición do ciclo A_NEXOS, unha proposta da Asociación Cultural AÏS dirixida e coordinada polo compositor Hugo Gómez-Chao en torno ás confluencias entre música e arte contemporánea, celebrará dous novos encontros que se desenvolverán durante o mes de xaneiro na Fundación Luis Seoane, e que levarán por título NEXOS | DRAMATURXIAS VISUAIS NA ÓPERA CONTEMPORÁNEA.

A primeira sesión, que terá lugar o sábado 8 de xaneiro ás 19:00 horas, contará coa participación de Rosa María Fernández, doutora en musicoloxía pola Universidade Autónoma de Barcelona e especialista en música dos séculos XIX, XX e XXI; e da soprano Adriana Aranda. Na segunda sesión, que se celebrará o sábado 15 de xaneiro ás 20:00 horas, a musicóloga Rosa María Fernández ofrecerá a segunda parte da conferencia Dramaturxias visuais na ópera contemporánea. O acceso a ambas sesións é gratuíto. Para asistir, é necesario facer unha reserva previa na Fundación Luis Seoane a través do teléfono 981 216 015 (prazas limitadas).

BIOGRAFÍAS
ROSA MARÍA FERNÁNDEZ
Doutora en Musicoloxía pola Universidade Autónoma de Barcelona e académica por Santiago da Real Academia Catalana de Belas Artes, realizou estadías de investigación no IreMus da Facultade de Musicoloxía da Sorbona e na Universidade de Milán. Escribiu numerosos artículos e libros sobre música contemporánea e comisariado varias exposicións, como ARGOT Laberinto fluído no CGAC, premiada polo Instituto Cervantes.

Ademais, no eido da intelixencia e a seguridade, forma parte do Centro de Estudos para a Seguridade e a Defensa (Ceseg) da USC e do Grupo Académico de Investigación de Crisis Internacionais do Cisde, una faceta moi importante no seu labor musicolóxico, xa que tratou de levar os procedementos propios da análise de intelixencia ás novas categorías da música contemporánea.

ADRIANA ARANDA
Adriana Aranda estudiou canto no Conservatori Superior de Música do Liceu, realizando posteriormente o Master en Lied na Escola Superior de Música de Catalunya, na especialidade de música contemporánea.

Formouse con Dolors Aldea (discípula de Gérard Souzay) e Francisco Poyato, así como con Wolfram Rieger, Dalton Baldwin, Ulrich Eisenlohr, Burkhard Kehring, Cindee Sanner, Elena Copons, Enric Martínez-Castignani, Joan Martín-Royo e Jordi Domènech.

Bolseira pola Fundació Victoria de los Ángeles e por Wolfram Rieger no Curs Internacional de Lied de Joventuts Musicals de Catalunya, no eido da música contemporánea estreou Un mal dolent de Juan Jurado, dedicado especialmente para ela; e 9 insectos ingrávidos, composto en exclusiva para o seu proxecto persoal beta_morphosis.

En 2019 formou parte de l’Academie Voix Nouvelles en Royaumont, Francia, onde traballou coa soprano Donatienne Michel-Dansac e participou na estrea de La Cité des Dames da compositora lituana Justina Repečkaitė para seis sopranos, baseada no texto de Christine de Pizan.

Colaborou con diferentes ensembles de música contemporánea, como CrossingLines Ensemble no OUT·SIDE’20 FESTIVAL, de Barcelona ou co Grupo Instrumental S.XX no RESIS Festival 2021, A Coruña.

Actividades actuais

Grupo de Estudos
Transición ecosocial e desexo
/
Actividade
Lugares de novela: Uruguai
Obradoiro de literatura
/
Actividade