A_NEXOS III

Dirección Hugo Góméz-Chao

A perspectiva de xénero e a creación visual son os eixos da terceira edición de A_NEXOS, un ciclo de diálogos ao redor das confluencias entre música e arte contemporáne organizado pola Asociación Cultural AÏS baixo a dirección do compositor Hugo Gómez-Chao. Nesta ocasión, A_NEXOS reivindica o espazo que as mulleres ocuparon na historia da música a través das obras de tres compositoras españolas: Catro cantigas de Eugenia Osterberger (Santiago de Compostela, 1852 – Niza, 1932), Sonata romántica de María de Pablos (Segovia, 1904 – Madrid, 1990) e Tres estancias para una reina, de Consuelo Díez (Madrid, 1958).

A interpretación das tres pezas estará a cargo do Grupo Instrumental Siglo XX, formado por Florian Vlashi e Dominica Malec (violíns), Raymond Arteaga (viola) e Ruslana Prokopenko (violonchelo). O evento contará coa participación da actriz Chus Álvarez e da artista Myriam Pato.

ELAS é a terceira proposta do ciclo NEXOS, tras O son e a palabra, un diálogo entre música e poesía que tivo lugar en decembro de 2019, e os Diálogos musicais entre Tarkovski e Bach, que se celebraron o pasado mes de febreiro.

Para asistir a este evento, é imprescindible facer unha reserva previa no teléfolo 981 216 015 (aforo limitado).

Actividades actuais

Grupo de Estudos
Transición ecosocial e desexo
/
Actividade
Lugares de novela: Uruguai
Obradoiro de literatura
/
Actividade