Sensorialidades aplicadas, un ensaio arte-ciencia é un proxecto dirixido por Fran Quiroga, comisario e investigador de TasteLab, unha spin off da Universidade de Santiago de Compostela especializada en análise sensorial. O proxecto conta cunha axuda da Xunta de Galicia para o fomento de actividades de creación-produción das Artes Plásticas e Visuais.
Con obxectivo de abrir esta investigación á cidadanía, a Fundación Luis Seoane acollerá o vindeiro 31 de marzo unha nova sesión do obradoiro A que sabe Luis Seoane. Estruturado en dúas quendas –de 18 a 19 e de 19:15 a 20:15 horas-, o obradoiro mesturará os coñecementos que proporcionan as ferramentas de atención profunda e da neuroloxía coa fin de afondar na apertura de sensibilidades a través da obra de Luis Seoane, amplicación a relación perceptiva do espectador coa arte.
A inscrición ao obradoiro é gratuita. Para asistir é necesario enviar un email ao correo info@fundacionluisseoane.gal (prazas limitadas)