A que sabe Luis Seoane. Obradoiro

Dirección Fran Quiroga, Taste Lab

Visitar un museo altera a nosa cotidianeidade, modificando a nosa percepción e os nosos sentidos. Sensorialidades aplicadas, un ensaio arte-ciencia é unha investigación sobre as percepcións sensoriais que actúan no espectador ao contemplar unha obra de arte.

Co obxectivo de abrir esta investigación á cidadanía, a Fundación Luis Seoane acollerá o xoves 18 de marzo o obradoiro A que sabe Luis Seoane, que estará estruturado en dúas quendas de 10 a 11:45 e de 12 a 13:45. Mesturando os coñecementos que proporcionan as ferramentas de atención profunda e da neuroloxía, durante esta actividade afondarase na apertura de sensibilidades a través da obra de Luis Seoane, amplificando a relación perceptiva coa arte.

Sensorialidades aplicadas, un ensaio arte-ciencia é un proxecto dirixido por Fran Quiroga, comisario e investigador de TasteLab, unha spin off da Universidade de Santiago de Compostela especializada en análise sensorial. O proxecto conta cunha axuda da Xunta de Galicia para o fomento de actividades de creación-produción das Artes Plásticas e Visuais.

A inscrición ao obradoiro é gratuíta. Para asistir es necesario enviar un email al correo info@fundacionluisseoane.gal (prazas limitadas)

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Grupo de Estudos
Transición ecosocial e desexo
/
Actividade
Lugares de novela: Uruguai
Obradoiro de literatura
/
Actividade