A mirada do escritor. Obradoiro de escritura

/
Coordinación Fernando Ontañón

As fontes utilizadas polos autores para construír as súas ficcións e as técnicas a través das que se estruturan os relatos son dous dos temas que Fernando Ontañón abordará na segunda edición do obradoiro de escritura da Fundación Luis Seoane, centrado en la mirada del escritor. Unha vez máis, os participantes compartirán e analizarán de maneira colectiva os seus textos, así como as temáticas e os recursos estilísticos empregados por algunhas das grandes figuras da literatura.

As sesións terán lugar os mércores alternos do 24 de abril ao 19 de xuño. Para participar é preciso formalizar a inscrición correspondente a través do enlace seguinte:

Folla_inscrición.pdf

Fernando Ontañón é escritor.

Traballa nunha axencia de comunicación e é colaborador habitual do xornal La Opinión de A Coruña. En abril de 2019, publica Mi vida en otra parte (Ed. Bala Perdida), a súa última novela, “Fernando Ontañón é o escritor que estabamos agardando. Lean esta novela, non se arrepentirán, está chea de vida, de forza e de paixón” Manuel Vilas.

En 2016, publicou El orden invisible de las cosas (Ed. Ézaro), «Ontañón non fai senón seguir ascendendo en complexidade para entregarnos unha obra intrigante, ambiciosa e madura», Ignacio Sanz, La tormenta en un vaso.

En 2014, a súa novela El periodista despedido (Ed. Ézaro) obtivo o X Premio de Novela Corta Dulce Chacón.

En 2010, publicou Relatos invisibles (Ed. Carena), «Estamos ante un autor capaz de encandear coas pequenas historias, case ocultas, do acontecer diario» Rodri García, La Voz de Galicia.

 

Actividades actuais

Somos o que lemos
/
Actividade
Lugares de novela. Paul Auster
Obradoiro de literatura
/
Actividade
Tempo de escritura
Obradoiro de escritura
/
Actividade