«Coser el río» é un percorrido pola produción plástica de Victoria Gil (Badajoz, 1963), unha das primeiras artistas españolas cuxa obra estivo posicionada nas correntes feministas desde prácticamente os seus comezos na década dos 80.
«A táctica do colibrí» é unha exposición que afonda na relación entre activismo educativo e dereitos humanos a través de iniciativas como A Escola Libre de Cerámica de Sargadelos, a Escola Experimental de Arte de Deba en Guipúzcoa e outras propostas semellantes, e dunha serie de experiencias levadas a cabo por artistas contemporáneos en colaboración con centros educativos de Galicia, Madrid e a Comunidade Valenciana (imaxe: © Xurxo Lobato)