Inseparables. Proxecto experimental de innovación artística en centros educativos da Coruña

Fechas: 
1 Setembro 2017 - 1 Decembro 2017

O proxecto Inseparables, coproducido pola Fundación Luis Seoane e a Universidade da Coruña, é unha proposta que, partindo dunha perspectiva artística e audiovisual, indaga acerca das relacións que establecen os nenos e nenas de entre  3 e 6 anos de idade cos seus obxectos e xoguetes preferidos. As características estéticas destes obxectos, as propiedades que os fan atractivos para os máis pequenos, os vínculos que se establecen entre eles, son algunhas das cuestións que se abordarán nesta iniciativa. Existen obxectos que posúen vida propia, unha relación sensible coas persoas, que xeneran relatos persoais e vitais únicos: o propósito de Inseparables é coñecer as relacións e rutinas que se establecen entre eles desde un punto de vista educativo e artístico. 
 
Cunha duración total de tres meses, o proxecto establece unha conexión entre a creación contemporánea e a comunidade educativa, a través da participación dos artistas Juan Lesta e Belén Montero (Esferobite), Cristina Montero, Jas Processor, Guillermo Calviño, Tiffany López e Anto Rodríguez; de 15 mestras de diferentes centros educativos e de 300 nenos e nenas de Educación Infantil. Baixo a dirección do profesor José María Mesías, Inseparables constará de tres fases: unha primeira en formato de laboratorios artísticos, que se desenvolverá ao longo do mes de setembro na Fundación Luis Seoane; unha segunda fase, en outubro, na que os artistas traballarán en residencia nas aulas, compartindo ideas cos docentes e os alumnos; e finalmente, no mes de decembro, unha última fase, de novo na Fundación, protagonizada por unha sesión de Live Cinema, unha expresión artística contemporánea que mestura performance con proxeccións audiovisuais e música en directo creada específicamente para o evento.   
 
No enlace seguinte é posible consultar o resumo de prensa, que iráse actualizando ao longo da duración do proxecto ata a súa finalización: archivoprensa.pdf