(S8) 8ª Mostra de Cinema Periférico

Xisela Franco. Interior, exterior, durante, 2016
Fechas: 
29 Maio 2017 - 14 Xuño 2017
Participantes: 
Albert Alcoz, María Cañas, Xisela Franco, Sally Golding, Nominoë, Aldo Tambellini, Blanca Viñas

Unha vez máis, o (S8) Mostra de Cinema Periférico trae á cidade da Coruña o máis destacado do panorama da creación cinematográfica contemporánea nacional e internacional nunha nova edición, a oitava, que se repartirá entre distintas institucións culturais da cidade, entre as que se atopa de novo a Fundación Luis Seoane. Nesta ocasión, a programación que se desenvolverá na Fundación inclúe, ademais do Mini (S8), un obradoiro destinado a que os máis pequenos coñezan os fundamentos da linguaxe audiovisual de maneira lúdica (ver sección de Didáctica), unha serie de exposicións e instalacións que amosarán desde o sábado 27 de xuño a obra de autores como a cineasta viguesa Xisela Franco, a artista sevillana María Cañas e o norteamericano Aldo Tambellini, un dos pioneiros no emprego da televisión e o video como medios de expresión artística. 
 
Ademais, a sección Desbordamentos dará a coñecer ao longo de catro sesións diferentes os traballos do cineasta e videocreador Albert Alcoz e da artista Blanca Viñas, así como a obra da artista multimedia Sally Golding e do colectivo de performers cinematográficos Nominoë, e dunha electromedia performance a cargo de Aldo Tambellini.  
 
No pdf seguinte pódese descargar a programación do (S8) Mostra de Cinema Periférico que terá lugar na Fundación Luis Seoane. 
 
S8_FLS.pdf
 
Para unha información completa do certame: www.s8cinema.com