Choque de trens. Clube literario da Fundación Luis Seoane

Fechas: 
27 Setembro 2017 - 15 Novembro 2017
Participantes: 
José E. Gonzalo, Ignacio Martínez de Pisón, Javier Reverte, Eduardo Riestra
Coordinación: 
Eduardo Riestra

Choque de trens é o novo clube de literatura coordinado por Eduardo Riestra que se desenvolverá na Fundación Luis Seoane durante este outono. Ao longo de oito sesións e da man de Javier Reverte, Ignacio Martínez de Pisón, José Esteban Gonzalo e o propio Riestra, analizaranse as relacións non sempre doadas entre diferentes figuras da literatura universal como Albert Camus e Jean-Paul Sartre, Ernest Hemingway e John Dos Passos, Roger Casement e Josep Conrad e por último, Mario Vargas Llosa e Gabriel García Márquez a través da selección dalgunhas das súas obras máis destacadas, nun formato que dedicará dous días a cada parella, un primeiro no que se fará un bosquexo da figura e da obra dos autores a tratar, e un segundo no que se someterán dúas das súas obras a debate. 
 
Todas as sesións comezarán ás 19:30 horas. Para participar en Choque de trens, é necesario formalizar a matrícula correspondente descargable a través do seguinte link: 
 
ChoqueTrens.pdf